Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oia
Parroquia: Loureza (San Mamede)
Lugar: O Barrio Novo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

e foi cambiado da súa posición orixinal hai uns 33 anos.

Cruceiro de finais do s. XVIII ou comezos do XIX que nace sobre unha base troncopiramidal. O seu varal de sección ocotogonal da paso a un capitel de sección cilíndrica no que aparecen as seguintes lendas:
“IHS: XESUS SALVADOR DOS HOMES” e “AVE MARIA”.

O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada tronzado pola súa metade. Nela aparece a imaxe labrada de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Ata este cruceiro, situado nun Camiño Real, chegaban algunhas “rogativas”.
Os defuntos que procedían dos lugares próximos de Acevedo, Santa Comba e mavia se detiñan ante él para rezar un responso.
A tradición oral tamén di que de noite e en torno a este cruceiro se ollaban luces en movemento e se oñía un rumoreo como de rezar. Referido isto ao párroco, se implantou unha “función de ánimas” e nunca máis se volveu a ver nin a oir nada.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360360201.html

BIBLIOGRAFÍA
Martínez Tamuxe, Xoan. (2000). Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño . II. Servicio de Publicacións do Concello de O Rosal (Pontevedra) (en liña: https://anyflip.com/cbgic/ecio)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.981580291502
Lonxitude: -8.817854377723
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84