
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oia
Parroquia: Loureza (San Mamede)
Lugar: Loureza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base úbica moldurada con escocia da paso a un varal de sección octogonal.Nela aparece unha imaxe pétrea de San Marcos.
O capitel, decorado con volutas e motivos vexetais, da paso a unha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.
O conxunto se completa cunha mesa a xeito de ara.
Este cruceiro é obra do escultor local Félix Gómez Fidalgo e foi mandado facer no ano 1996 co gallo das obras de rehabilitación do cemiterio parroquial.
Ao seu carón podemos ver a igrexa de San Mamede de Loureza (http://patrimoniogalego.net/index.php/53091/2013/12/igrexa-de-san-mamede-de-loureza/)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360360202.html
BIBLIOGRAFÍA
Martínez Tamuxe, Xoan. (2000). Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño . II. Servicio de Publicacións do Concello de O Rosal (Pontevedra) (en liña: https://anyflip.com/cbgic/ecio)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.986801671835Lonxitude: -8.8184477413208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84