Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Corme Aldea (Santo Adrán)
Lugar: Petón da Campaiña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Abeiro con gravados e releves rupestres nas paredes e no chan. A entrada mide 4, 80 m. de ancho e ten 2 m. de altura. Pódense apreciar coviñas, sucos ondulantes, sucos entrelazados, círculos sinxelos, rebaixes que aproveitan formas naturais, pero o máis destacado é a presenza dunha figura humana en releve e un trisquel tamén en releve, esta última figura moi erosionada.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Os veciños contan que se pode ver a figura dunha muller. Posiblemente se refira á figura humana en releve.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mañana Borrazás, P. e Santos Estévez, M. 2002. Arte Rupestre no Promontorio de Corme (Ponteceso). Gallaecia 21: 115-21. Universidade de Santiago de Compostela.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Nas inmediacións atópanse varios aeroxeradores.


Onde está localizado

Latitude: 43.2834226252
Lonxitude: -8.93660545349
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84