Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: A Videira
Outra denominación do ben: Cruceiro da capela de San Xosé // Cruceiro de Ventosela
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas posúe a seguinte inscrición:
“MANDOLO AZER EL LICENCIADO JOSE DA UCHA CURA DE ESTA PA
UNA AVEMARIA POR SAN JOSE Y LAS ANIMAS DEL PURGATORIO. AÑO DE 1681”.

O varal comeza en sección cadrada na parte e segue en sección cilíndriva con acanaladuras. Posúe unha imaxe pétrea que puidera representar a San Xosé.
O capitel troncopiramidal invertida posúe representacións de cabezas de anxos alados e pescozos perlados.
O conxunto remata cunha cruz con acanaladuras e remates moldurados na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co neno en brazos e sobre peaña no reverso.

Este cruceiro se atopa ao carón da capela de San Xosé de Ventosela (http://patrimoniogalego.net/index.php/108969/2021/03/capela-de-san-xose-de-ventosela/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Tomo V – Ficha E_063)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604821.html

BIBLIOGRAFÍA
Fernández de la Cigoña Nuñez, Estanislao (1998). “ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” Nüñez. Ed: IR INDO.
Martínez Tamuxe, Xoán (1999). “CRUCEIROS, CRUCES E ALMIÑAS DO BAIXO MIÑO. I. CONCELLO DO ROSAL”. Ed: Concello do Rosal.
Fernández de la Cigoña Nuñez, Estanislao (1997). “Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia” Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O capitel presenta unha grampa de ferro xa que esta peza está rachada.


Onde está localizado

Latitude: 41.948426734465
Lonxitude: -8.8468761243132
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84