Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: A Videira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena capela do ano 1694 segundo unha lenda que podemos ver por riba a porta de aceso. Está feita en pedra granítica encintada na fachada principal e cachotaría nos muros laterais, de planta rectangular cunhas dimensións de 5,70 m. x 6,70 m, e cuberta a dús augas con pináculos de bola nos extremos.
A fachada principal presenta unha porta de aceso con arco dovelado e unha pequena espadana dun so oco con campá.
O interior garda un pequeno retablo coa imaxe de San Xosé.
A fachada presenta tamén outra lenda coa data da súa reconstrución: “1964”.
Esta capela pertencía á Casa solariega de Ventosela, da que hoxe en día quedan moi poucos restos.
Ao seu carón podemos ver o cruceiro da Videira (http://patrimoniogalego.net/index.php/108961/2021/03/cruceiro-da-videira/), relacionado con esta pequena edificación relixiosa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Tomo V – Ficha A_031)
BIBLIOGRAFÍA
Martínez Tamuxe, Xoán. (1995). Ermita de San José de Ventosela. Apuntes históricos
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.948387691083Lonxitude: -8.8471247851953
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84