Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Nigrán
Parroquia: A Ramallosa (San Pedro)
Lugar: Mallón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas posúe a seguinte inscrición:
“REEDIFICADO POR DEVOCION DE LOS VECINOS 1896”.

O seu varal de sección cadrada e arestas rebaixadas da paso a un capitel cadrado con molduras.
O conxunto remata cunha cruz de sección cil´ndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cun grande manto no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A contorna do cruceiro foi rehabilitado no verano de 2021 (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
PXOM Concello de Nigrán (Ficha 7-CR-05)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360350708.html

Nigrán aproba o asfaltado de nove rúas de San Pedro e a posta en valor do seu cruceiro

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.

REHABILITACIÓN DA CONTORNA (VERANO 2021)
https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/08/24/nigran-recupera-entorno-cruceiro-mallon-56480118.html
https://telemarinas.com/nigran-recupera-el-en-torno-del-cruceiro-de-mallon/

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.123725278228
Lonxitude: -8.8091379883111
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84