Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Snta Baia)
Lugar: Cuñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado situado no muro dunha vivenda privada.
Nace sobre un chanzo de sección rEctangular. Por riba dela unha base paralelepípeda que remata nunha repisa a xeito de mesa na que unha pequena oquedade deixa introducir a esmola.
Esta base posúe seguinte inscrición:
“A LAS ES PENSAS DE
D. JOSE ARRUTI HERMIDA
AÑO DE 1869”.

A continuación aparece a fornela con sendas pilastras aos lados e remates con cornixa moldurada.
Dita fornela, con arco de medio punto e enreixado metálico, alberga un retablo policromado no que aparecen as imaxes da Virxe do Carme co Neno no colo sobre unha nube con 3 anxos en posición central, 2 anxos máis aos lados, unha ánima na parte esquerda que colga do escapulario da Virxe e outra ánima maís que é levada ao Ceo por San Francisco na parte dereita.
Na parte baixa, e entre as lapas do Purgatorio, vemos 5 almiñas; entre elas un bispo co bonete, un home barbado e unha muller.

Por riba da fornela aparece un medallón e unha caveira coas tibias cruzadas

O conxunto remata cun cunha cruz tipo latin sobre capitel moldurado.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
Fernández de la Cigoña Nuñez, Estanislao (1998). “ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” Nüñez. Ed: IR INDO.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.391552725454
Lonxitude: -8.5127043930319
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84