Outra fotografía:
Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Vilariño de Conso
Parroquia: San Mamede de Hedrada (San Mamede)
Lugar: San Mamede de Hedrada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pola parte traseira do cemiterio parroquial podemos ver este conxunto de dous sartegos antropomorfos escavados na mesma pedra que sobresae no terreo.
Segundo se pode ler nun dos carteis informativos, estes sartegos “foron esculpidos para introducir e gardar os defuntos antes do seu traslado ó lugar de sepultura. Isto sucedía en épocas de copiosas nevadas, cando os veciños quedan illados e non podían dar sepultura aos seus mortos na parroquia de Grixoa. O temporal obrigaba a mantelos nos sarcófagos ata que a neve remitía, e logo dirixíanse camiñando pola Vía Nova (calzada romana) portando o defunto nunha caixa ao lombo ata darlle sepultura no pobo de Grixoa, a unha distancia duns 18 km.”.
As fotografías desta ficha son do amigo Alex Negreira, a quen lle agradezo a súa cesión.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32092007
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.158674010708Lonxitude: -7.2396233459684
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
SARTEGOS ANTROPOMORFOS-SAN MAMEDE DE EDRADA-OURENSE- – NECRÓPOLIS MEDIEVALES excavadas en la roca says:
Ago 13, 2023
[…] http://patrimoniogalego.net/index.php/109536/2021/04/sartegos-de-san-mamede-de-hedrada/ […]