Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Nigrán
Parroquia: Camos (Santa Baia)
Lugar: A Cruz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas situados nun pedestal pétreo de forma cadrada con pináculos nos esquinais
O cruceiro nace sobre unha base cúbica de arestas baixadas. A base está decoradas con diversos motivos gravados e a seguinte inscrición:
“PADRE NUESTRO
I AVE MARIA POR
LAS ANIMAS DEL
PURGATORIO
AÑO 1760”
.
O varal de sección octogonal da paso a un capitel de sección cadrada con motivos decorativos en volutas.
No cume vemos unha cruz de sección cadrada e remates florenzados na que aparece a imaxe da Virxe coas mans en oración.

O peto de ánimas consta de varios bloques de cantaría granítica superpostos. Na parte superior vemos o retablo composto de seis ánimas.
O peto posúe unha inscrición na que figura o ano da súa reedificación polos seus devotos: “1933”

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
PXOM Nigrán (Ficha 1-CR-01)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360350104.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé. (2019). ARQUITECTURA DE INTERMEDIACIÓN NO VAL DE MIÑOR. CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS. Ed: Instituto de Estudos Miñoranos.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.15093672596
Lonxitude: -8.7804369934352
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84