Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Rúa Seixas, 7
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificio que remata a esquina da mazá; de planta lixeiramente poligonal. A composición na fachada máis ancha é moi sinxela, situándose neste caso os balcóns individuais por ocos no primeiro andar, e ventás na alta e baixa en tres eixos verticais. Os muros exteriores de cachotería perderon os revocos orixinais. O remate superior realízase mediante unha cornixa de pedra de perfil simple. Case que tódolos ocos protéxense por un pequeno tornachoivas de pedra.
Algúns estudios consideran que foi vivenda de D. Domingo Ruíz Martínez de Vergara, que en 1567 era cóengo e previsor en Tui. Fachada a rúa Sanz: escudo cun oso esculpido semellante ós que aparecen en construcións relacionadas co mosteiro de Oseira e dous anxos que flanquean unha cara da que semellan saír dúas serpes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://tui.gal/sites/default/files/documentos/09_catalogo_1_bens_firmado_parte_1.pdf (Ficha 106)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.046055905232
Lonxitude: -8.6454553459625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84