Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Aranga / Betanzos (comarca)
Parroquia: Fervenzas (San Vicente)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Cruz gótica asentada sobre varal y plataforma modernas. Presenta Cruz latina con brazos decorados con ondas ao longo dun nervio central e rematados nunha flor de catro pétalos con un botón central prominente. Nunha banda presenta a un Cristo hierático de ollos almendrados, acompañado da Virxe, San Xoán e un penitente. Enriba, un anxo suxeitando unha coroa. Na outra beira, baixo unha umbela, a Virxe con coroa a modo de trono onde se senta, no regazo, o neno Xesús. Na súa beira dereita aparece a pequena figura dun penitente.

Só se conservan outros tres cruceiros góticos.

O conxunto se asenta sobre un varal e capitel dunha soa peza posiblemente do século XX. O baseamento e a plataforma de tres chanzos teñen a feitura característica dos feitos no século XVIII. Non se aprecian inscricións.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Plan xeral de Ordenación Municipal, Concello de Aranga. Catálogo de Patrimonio. Código do elemento 2-4. (DOG 2013-12-26) Dispoñible on-line (consultado o 15-04-2021):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARANGA/documents/27849ca003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectado pola erosión e a exposición aos elementos. Amosa colonización biolóxica de liquenes e algas con alteración da coloración natural da pedra.


Onde está localizado

Latitude: 43.210075266094
Lonxitude: -8.100971392162
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84