Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Tourón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa de finais do século XII pero reformada no século XVIII, construída en cantaría granítica, de planta rectangular dunha soa nave, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.

A súa fachada principal, de época románica, posúe unha porta de aceso con arco oxival e dúas arquivoltas sobre columnas con capiteles con volutas. No tímpano da porta, de recente factura, vemos unha cruz potenzada.
O conxunto remata cunha espadana do século XX de dous ocos con balconada, tímpano con ocelo, e cruz de remate.

Nun dos muros laterais existe outra porta de aceso con arco de medio punto adintelada.
Destaca tamén a colección de 11 canzorros de época románica.
No muro exterior do presbiterio podemos ver unha fornela engadida no ano 1727, coa imaxe da Virxe

No interior se conservan varios elementos de época románica, entre eles o arco triunfal en aresta viva do presbiterio.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No adro da igrexa se conserva a antiga pía bautismal de época románica.

Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben.

O interior da igrexa alberga un retablo de época barroca.


Tradición oral:

Segundo se recolleu dos veciños da contorna, a imaxe da Virxe da fornela exterior se atopou no lugar de Fonte Santa e foi colocada nno muro da igrexa porque así mira ao lugar onde foi atopada.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECALDELAS/documents/0869ME010.PDF

https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Touron.pdf

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-pontevedra/ponte-caldelas/iglesiatouron/

https://www.turismo.gal/recurso?langId=gl_ES&cod_rec=4651&ctre=31&volverFicha=true

https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280381837

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.40191281635
Lonxitude: -8.5290412239061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84