Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Tourón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fronte á igrexa de Santa María de Tourón (http://patrimoniogalego.net/index.php/109630/2021/04/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-touron/) podemos ver este cruceiro do ano 1670 que nae sobre dou chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica coas arestas superiores molduradas posúe caveira con tibias cruzadas nunha das súas caras. Nas outras caras podemos ler varias inscricións:
“HIZOME
AÑO 1670”

“JUAN MARTI
NEZASV
COSTA”

O varal, de sección octogonal, ten unha imaxe na súa parte media, co hábito de fraile, rama de alma e libro nas mans e apoiado sobre unha peaña.
A continuación o capitel decorado co volutas e anxos nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade no reverso.
Por debaixo da imaxe de Cristo aparece a seguinte inscrición:
“ESTE
AÑO
LO ICE”

Antigamente este cruceiro se atopaba ao carón da estada. No ano 1949 trasladouse ao lugar onde o podemos ver hoxe.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430802.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.401929897001
Lonxitude: -8.5292167374879
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84