Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Tourón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe:
* nunha das súas caras un retablo pétreo de tres almiñas entre as lapas do Purgatorio, cun peto para as esmolas na parte
baixa.
* nas outras tres caras podemos ler as seguintes inscricións:

“ESTAOBRAHI
ZOASUCOSY
ADCLEMEN
TFIVEROA”

“SIENDOABB
ANODE
1738”.

A continuación o varal, que comeza en sección cadrada e segue en cilíndrico con acanaladuras. A medida que vai ascendendo vai perdendo corpo.

O capitel aparece decorado con volutas e motivos vexetais. Nun dos seus laterais existe outra inscrición:
“REDIFICº
PrELLDJPH
MARTZ Y
FIGUEROA
ANO
1816”

O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica con nós, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe Dolorosa acompañada de dous anxos que se sitúan nos brazos da cruz. A cruz que podemos ver hoxe en día non é a orixinal, xa que a orixinaria rompeu nunha tormenta no 1941.

O cruceiro se atopa dentro dun cercado pétreo con catro piares de sección cadrada unidos por unha grosa cadea, e rematados en bóla. Nun dos piares aparecen as iniciais do mestre canteiro que as fixo así como a súa data:
“J.B.M. 1926”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

“(…) sobre el año 1927 intentaron llevar el cruceiro para una finca que Montero Ríos tenía en Lourizan (Marín, Pontevedra), a lo que se opusieron el cura y los vecinos”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430803.html
http://www.pontecaldelas.org/patrimonio/esp-cruceirosanramon.html
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280396353

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 1997
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. IR INDO, 1998.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.40435141628
Lonxitude: -8.5327447419505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84