Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Lugo (comarca) / Outeiro de Rei
Parroquia: Sobrada de Aguiar (Santa Mª Madanela)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A torre de Sobrada de Aguiar ten a súa orixe nunha fortaleza de Fernán Díaz de Ribadeneira, que sería destruída na Revolta dos Irmandiños. Posteriormente foi reconstruída polos Freire de Andrade. Mide uns 15 m. de altura e a base, cadrada, non chega aos 10 m. de lado. O pazo co que comunicaba tiña un escudo coas armas dos Andrade, Aguiar e Ribadeneira que está depositado no Museo Provincial de Lugo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020104
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que un pasadizo secreto comunica a torre co castro de Riazás, na mesma parroquia.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Normas Subsidiarias do Concello de Outeiro de Rei (Pax. 8 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTEIRODEREI/documents/0683CA001.PDF

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en serio risco de caer, con grandes fendas e plantas medrando entre elas, incluíndo un eucalipto de grande porte na mesma base. Hai adosados uns galpóns abandonados de uso agrícola tamén en moi malas condicións.


Onde está localizado

Latitude: 43.128352567939
Lonxitude: -7.529911435174
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84