Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Meira (comarca) / Pol
Parroquia: Pol (Santo Estevo)
Lugar: Pol
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificio de planta rectangular distribuída en dous andares con tellado de lousa a catro augas.
No andar superior, a fachada presenta catro ventás e un balcón. Enriba deste, un escudo de armas de pedra de gra que nos cadrantes presenta: 1º castelo, 2º tres bandas horizontais, 3º tres flores de lis, 4º león pasante coroado.
No andar inferior, catro portas e unha ventá.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020792
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Coa desaparición do Antigo Réxime e a nova división administrativa do Estado español, en 1840 o concello de Pol estaba constituído cun territorio semellante ao actual, ao que se sumaría a parroquia de Lúa. Naquela altura, edifícase esta casa consistorial no lugar de Pol, na parroquia do mesmo nome. Sería o edificio administrativo municipal ata 1970 en que a capitalidade se traslada á localidade de Mosteiro.


Referencias bibliográficas:

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.149391521068
Lonxitude: -7.3295207594368
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84