Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Meira (comarca) / Pol
Parroquia: Silva (Santiago)
Lugar: Doncide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Sinxela edificación de planta rectangular, cuberta de lousa a tres augas. Un espazo aberto diante a modo de soportal, rodeado dun banco corrido de pedra, separado por unha porta entre dúas cancelas de madeira do santuario interior. Unha repisa de pedra fai as veces de altar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020801
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A capela aséntase sobre as ruínas dunha vila romana vencellada co Castro de Viladonga, que segundo a tradición estaba comunicado con ela por un corredor subterráneo. A vila non está escavada, só se ten evidencia dun hipocausto e un mosaico que despareceron ao abrir unha pista forestal (consérvanse unhas fotos e unhas teselas no museo do Castro de Viladonga). https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=633450


Historia recente do ben:

Capela fundada e construída a principios do século XVII por Don Antonio López de Anllo, familiar do Santo Oficio, e a súa dona Francisca Saavedra, baixo a advocación de Santo Antonio de Padua e San Francisco Xabier.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.145941300843
Lonxitude: -7.3768494285064
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84