Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Taboadelo (Santiago)
Lugar: Taboadelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVI feita en cantaría granítica, de planta basilical cuberta a dúas e catro augas con pináculos de bola nos extremos. A sancristía, do ano 1955, aparece adosada a un dos muros laterais.
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso e, por riba dela, un ocelo con derrame interno e moldura decorada con volutas. O conxunto remata cunha espadana con dous ocos e frontón con ocelo que remata en pináculos de bola e cruz pétrea no cume.
No interior destaca a súa ábsida de bóveda de crucería estrelada.

No adro podemos ver un Vía Crucis (http://patrimoniogalego.net/index.php/109690/2021/04/via-crucis-da-igrexa-parroquial-de-santiago-de-taboadelo/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

A igrexa alberga un retablo de época barroca de tres rúas e dúas alturas, dividido por estípites.

Posúe tamén reloxo de sol.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECALDELAS/documents/0869ME010.PDF
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-pontevedra/ponte-caldelas/iglesiataboadelo/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.379130669894
Lonxitude: -8.5494429190286
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84