Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruz,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Taboadelo (Santiago)
Lugar: Taboadelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Antigo Vía Crucis que podemos ver no adro da igrexa parroquial de Santiago de Taboadelo (http://patrimoniogalego.net/index.php/109686/2021/04/igrexa-parroquial-de-santiago-de-taboadelo/):

O conxunto que se conserva a día de hoxe consta de 5 cruces:

* A primeira cruz: nace sobre un chanzo de sección cadrada, base troncopiramidal, varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas, capitel cadrado e cruz de sección cadrada feita en cemento que presenta acanaladuras. Esta cruz posúe unha inscrición coa data da súa reparación: “1961”

* A segunda cruz: nace sobre un chanzo de sección cadrada, base troncopiramidal, varal de sección octogonal, capitel cilíndrico e cruz de sección cadrada feita en cemento que presenta acanaladuras.

* A terceira cruz: nace sobre unha base de sección cadrada, varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas, capitel cadrado e cruz de sección cadrada feita en cemento que presenta acanaladuras.

* A cuarta cruz: nace sobre un chanzo de sección irregula, unha base de sección troncopiramidal, varal de sección cadrada con acanaladuras e baquetóns na parte inferior as arestas rebaixadas, capitel cadrado na que aparece unha inscrición (“AÑO D 1786”) e cruz de sección cadrada con acanaladuras. Esta cruz posúe un pequeno altar.

* A quinta cruz: nace sobre un chanzo de sección cadrada, base troncopiramidal, varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas, capitel cadrado e cruz de sección cadrada.

Existen restos de dúas antigas cruces maís. Estes restos son dúas bases cadradas, unha delas con moldura circular na parte superior.

Existen dúas cruces máis fora do adro que posiblemente formaran parte deste Vía Crucis. As dúas de base troncopiramidal, varal cadrado coas arestas rebaixadas, capitel cadrado e cruz de arestas rebaixadas e remates potenzados.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280396350

https://cruceirosdegalicia.xyz/360430706.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430702.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430703.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430704.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430705.html

https://cruceirosdegalicia.xyz/360430707.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430701.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.379046954947
Lonxitude: -8.5493072901095
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84