Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Xustáns (San Martiño)
Lugar: Sobreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVII feita en cantaría granítica, con planta basilical e cuberta a 2 augas.

Na fachada principal destaca a súa torre de sección cadrada do ano 1930(doazón de Antonio Castro, veciño do lugar de Aluncía e emigrado a Brasil) e composta de tres corpos: no primero corpo se atopa a porta de aceso flanqueada por pilastras e cunha fornela na parte superior que alberga unha imaxe de San Martín; no segundo corpo o reloxo de agullas; no terceiro corpo as campás.

Destaca tamén a ábsida de sección cadrad e coroada con pináculos de bola e ameas.

O interior da igrexa alberga un retablo maior de época barroca, de tres rúas e dúas alturas, dividido con columnas salomónicas. Posúe varias tallas de época barroca como San Martiño a cabalo.
O retablo rodea un baldaquino que garda a imaxe de San Martiño vestido de bispo.
Existe tamén outros dous retablos laterais de estilo neoclásico feitos en pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECALDELAS/documents/0869ME010.PDF

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.391170457421
Lonxitude: -8.5587340085752
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84