Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Santo Estevo de Ribas do Sil
Lugar: San Xoán do Cachón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A Ermida de San Xoán do Cachón atópase moi preto do Mosteiro de Santo Estevo na fraga da Ribeira Sacra ourensá. Trátase dun cenobio en ruínas do que se conservan as paredes de varias construccións, restos dunha pía, dun altar e unha milenaria inscrición no lintel da porta do edificio principal.

A devandita inscrición refire a fundación do complexo relixioso polo abade Frankila. Concretamente o texto en latín di: Cum Dei adminiclo / Frankila abba condidit opus / era DCCCCLVI. A tradución sería : Coa axuda de Deus, o abade Frankila fundou esta obra no ano 918.

Nesta época, no ano 921, Ordoño II, rei de Galicia e León concedeu un privilexio ao abade Frankila para a reconstrución de diversos mosteiros na zona que estarían en estado ruínoso, entre eles o de Santo Estevo que xunto con outros posiblemente fora fundado por San Martiño Dumiense, chamado o “apóstolo dos suevos”, no século VI.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Del Castillo , Ángel . “ La ermita de San Juan del Cachón ” en Boletín de la Real Academia Gallega , t . XIX, p. 81

Del Castillo, Ángel: Iglesias antiguas de Galicia. San Juán de Cachón. Boletín de la Comisión de Monumentos de Ourense. VIII, Ourense. 1929

ARCHIVO EPIGRÁFICO DE HISPANIA. Universidad Complutense de Madrid file:///C:/Users/HP/AppData/Local/Temp/AEHTAM_1724_IHC_238.pdf

Eguileta Franco, J Mª & García Valdeiras, M: “Memoria do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do concello de Nogueira de Ramuín”. Inédito. Ourense. 1997

http://www.nogueiraderamuin.com/pxom/Memorias/Ordenacion/TOMOIV/Catalogo.pdf

https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.424761986653
Lonxitude: -7.6928464916502
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84