Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón
Parroquia: Pombeiro (San Vicente)
Lugar: Priorato, O
Outra denominación do ben: Igrexa de Pombeiro
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A igrexa formou parte, como outras existentes en Galicia, dun Mosterio, alá polo século X. Documentado desde o 935 e doado en 1109, pola raíña dona Urraca, a Hugo de Cluny. A igrexa construíuse nos séculos XII e XIII e sufriu reformas ao longo do tempo. Planta basilical con tres naves e outras tantas ábsidas semicirculares. Ten a entrada entre dous contrafortes. As columnas sosteñen por enriba dun tímpano liso arquivoltas lixeiramente apuntadas. Os arcos decorados con cabezas e motivos xeométricos, e agocha trisqueis esculpidos. Os muros Norte e Sur tamén dispoñen de portas, a primeira parecida á principal e a outra baixo un rosetón decorado. A fachada Oeste conta con unha torre de sección circular, aínda que rematada por un campanario de forma cadrada. A fachada norte ten unha cristaleira de gran tamaño que permite ver o interior da igrexa. Ao lado está a casa rectoral do século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.448098103037466
Lonxitude: -7.702960968017578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84