Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Xustáns (San Martiño)
Lugar: Sobreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado nunha encrucillada de camiños e moi próximo á igrexa parroquial de San Martiño de Xustáns (http://patrimoniogalego.net/index.php/109695/2021/04/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-xustans/).

Nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base troncopiramidal dá paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en octogonal.
O capitel, decorado con motivos de espirais e cabezas de anxos con ás, presenta un mal estado de conservación ao faltarlle algunhas partes.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos potenzados, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peña con forma de cabeza de anxo con ás no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430901.html
https://turismoriasbaixas.com/gl/recursopan1?content=280396363
http://www.pontecaldelas.org/patrimonio/esp-cruceiroxustans.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na nosa visita ao cruceiro (3 de abril de 2021) a contorna era un estercoleiro de lixo e refugallo de construción.


Onde está localizado

Latitude: 42.390720376627
Lonxitude: -8.559602200985
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84