
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Xustáns (San Martiño)
Lugar: Baltar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección cadrada parcialmente cubertos.
A súa base é cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Posúe inscricións moi erosionadas en tres dos seus lados. Nunha delas é posible ler o ao da súa feitura:
“AÑO DE 1764”
O varal comeza en sección cadrada e segue en octogonal. Na súa parte media existe unha imaxe moi erosionada que representa o que parece ser un frade Franciscano que leva unha palma nunha das súas mans.
A continuación o capitel, con volutas, cabezas de anxos con ás en tres das súas caras, e unha caveira coas tibias cruzadas.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, de arestas rebaixadas e remates potenzados. Nela aparece a imaxe de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe co Neno no colo sobre unha peaña con forma de anxo con ás no reverso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/360430903.html
http://www.pontecaldelas.org/patrimonio/esp-cruceiroguisal.html
BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.394428385061Lonxitude: -8.5694423842844
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84