
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Vilarchán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado sobre un pequeno penedo granítico que nace sobre catro chanzos de sección cadrada, o superior en escocia.
A súa base cúbica posúe sete coviñas.
O varal, que comeza en sección cadrada e pasa a cilíndrica, posúe un retablo de animas e dúas figuras en relevo, a primeira a da Virxe do Socorro co Neno no colo e un dragón con cornos aos seus pes e, por riba dela, a imaxe de San Xoán cun caxto nunha das súas máns.
O capitel, decorado con follas vexetais e cabezas de anxos da paso a unha cruz na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a representación da Coroación da Virxe polos anxos no reverso.
O retablo de ánimas ten forma rectangular coa parte superior arqueada cunhas dimensións de 71 cm. de alto X 36 cm. de ancho.
No seu retablo podemos ver un conxunto de imaxes moi erosionadas nas que destaca Cristo crucificado e, por debaixo del, catro almiñas entre as lapas do Purgatorio. Entre elas se adiviña á Santísima Virxe consolando á almiña da esquerda, e a San Francisco dándolle o cordón á almiña da dereita.
Na parte baixa do peto vemos o caixón para as esmolas, hoxe sen tapa.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Ó pé deste cruceiro aínda hoxe se desfán feitizos. Pola alta noite, sempre de luns a venres, deixan nel ovos, borralla, algodóns queimados e rama de allo ou cebola. Adoitan tamén dar voltas ó seu redor”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/360430806.html
BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4135448468Lonxitude: -8.5617759790094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84