Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Trazo
Parroquia: Chaián (Santa María)
Lugar: Tertemile
Outra denominación do ben: Castro de Chaiám
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Provável castro situado numha zona de chaira a 270 metros de altitude na veiga do Tambre, nas proximidades da igreja paroquial de Santa Maria de Chaiám. Semelha parcialmente arrasado nos seus bordes norte, sul e oeste, e na actualidade está coberto por umha carvalheira e mantém em aparente bom estado o parapeto do lado leste, ocupando umha superfície circular duns 120 metros de diâmetro.

Tem fácil acesso polo lado norte, onde umha pista da concentraçom parcelária semelha ter afetado parte do parapeto.

Perto dele achamos outros castros coma o Castro Pereiro, no lugar de Milharada a 1,5 km em direçom leste, ou o Castro de Vilouchada, a 2,8 km em direçom norte.

Surpreendentemente, dada a sua proximidade a núcleos povoados e com umha toponímia bastante transparente (umha finca anexa aparece no catastro coma lugar de Castrelos), nom está recolhido em nengum catálogo oficial embora seja possível que esta seja o Castro de Chaiám referenciado por Eugénio Carré Aldao na ‘Geografia General del Reino de Galicia’ (F. Carreras y Candi edit, Geografia General del Reino de Galicia vol. VII, Ediciones Gallegas-La Gran Enciclopedia Vasca, Bilbao, 1980, p. 670).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

‘Geografia General del Reino de Galicia’ (F. Carreras y Candi edit, Geografia General del Reino de Galicia vol. VII, Ediciones Gallegas-La Gran Enciclopedia Vasca, Bilbao, 1980, p. 670)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Semelha parcialmente arrasado nos seus bordes norte, sul e oeste. Tem fácil acesso polo lado norte, onde umha pista da concentraçom parcelária semelha ter afetado parte do parapeto


Onde está localizado

Latitude: 42.96928
Lonxitude: -8.53659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84