Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Betanzos (comarca) / Cesuras
Parroquia: Trasanquelos (San Salvador)
Lugar: Castro de Ares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A 532 metrso de altura, consta dunha croa de forma ovoide con 100 metros no eixo maior e oitenta no menor. O eixo maior está lixeiramente inclinado sobre a dirección oeste-este. Rodeado en todo o seu perímetro dun parapeto de terra. Na entrada e acceso ao interior da croa pode verse pequena cachotería de xeiso e xisto. No interior atopase unha lousa de cantería con lintel tallado por unha beira ao longo, e unha pequena fendedura circular que lembra os ocos para poñer o traveso que bloquea a porta (ver foto principal). Posiblemente sexa de época moderna. O interior está limpo e adicado a pasto. No parapeto crecen carballos a algún que outro eucalipto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
P. ORD: Ordenación do Termo Municipal de Cesuras. NSP. Planeamento Base (A0). 1/15000 (DOG 1997-05-06). Dispoñible en liña (Consultado o 21-04-21):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CESURAS/documents/0126PB007.JPG
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.160576675466Lonxitude: -8.1444286848549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Rocío Agras says:
Mar 16, 2023
O castro quedaría afectado por un aeroxerador proxectado a menos de 200 metros do seu perímetro de se aprobar o polígono eólico Caíño, que tamén afecta a varias medoñas moi próximas.