Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Tourón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao carón da capela do pazo de San Ramón (http://patrimoniogalego.net/index.php/109801/2021/04/pazo-de-san-ramon/) se atopa os restos dun cruceiro.
O que se conserva (e se pode ver dende lonxe) é unha base cúbica e un varal de sección octogonal agás nos extremos que é de sección cadrada.

SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes nos fan unha descrición de todo o cruceiro. Dín o seguinte:

“para el aproveitouse un desenrolado pedestal prismático, que xa se atopaba na casa. É de base cadrada, que se adelgaza ós poucos centímetros por un rebaixe na parte media das aristas. Descansa nunha grosa plataforma tamén cadrada. O varal, que servíu primitivamente como esteo de viña, é de sección cadrada no comezo, pasando a octogonal por rebaixe das aristas, ata poucos centímetros antes do remate, que volve repeti-la sección inicial.
Un sinxelo capitel prismático sostén unha cruz cilíndrica, con nós e cartela de INRI.
A cabeza de Cristo, de longa melena e sen coroa de espiñas (…). A ámbolos dous lados, as figuras da Virxe e San Xoán. A primeira dirixe o seu ollar ó Crucificado, e foi tallada polo dono do cruceiro. San Xoán, á esquerda, pousa nunha man nun xesto entre doroso e pensativo, e noutra sostén un libro pechado. Esta figura, xunto coa cruz e o Cristo, son obra de Aniceto Justo Rodríguez”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.404229381285
Lonxitude: -8.5318014671112
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84