Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo (comarca) / Outeiro de Rei
Parroquia: Taboi (San Pedro)
Lugar: A Peroxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX, Século XX,
Descrición:
Igrexa composta por tres corpos cadrangulares aliñados: o máis baixo, cara ao Leste, corresponde á sancristía. A continuación, cun volume case cúbico, o presbiterio lousado a catro augas e finalmente a nave rectangular da igrexa, máis larga e longa, cuberta a dúas augas.
Muros de cachotería que deixan vistos os perpiaños de cantería nas arestas. Na fachada, simétrica, espadana de cantería con dous vans para as campás e outro máis pequeno nun corpo superior, entre pináculos. Nos cantos da fachada hai dous pináculos en forma de pirámides. A porta e a ventá da fachada teñen o lintel lixeiramente curvado, e entre elas hai unha pedra de armas cos símbolos de San Pedro: unha tiara e dúas chaves.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020114
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O retablo principal é de estilo neoclásico, dividido en tres corpos: no superior unha imaxe pequeniña do Salvador. O corpo central, de tamaño maior, está dividido horizontalmente en tres. No centro, un camarín expón o Sagrado Corazón, e aos lados están a Virxe e San Pedro. O corpo inferior corresponde á propia mesa do altar e a porta de acceso á sancristía.
Hai un retablo lateral de estilo neogótico cun San Andrés relativamente recente no centro, entre dúas imaxes moito máis antigas: a pequena da esquerda semella representar un apóstolo/evanxelista barbudo cun libro na man, na dereita está a Virxe co neno.
Adosada na parede a carón da porta de entrada hai unha sepultura de granito que aparecera no chan, cunha inscrición que di: ANDRES / PARDO RI / BADENEI / RA I SAAB / EDRA PA / TRON. HIC / O ESTA SE / PVLTVRA
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-NNSS do Concello de Outeiro de Rei (Pax. 8 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTEIRODEREI/documents/0683CA001.PDF
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.145806357792Lonxitude: -7.5670266151428
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84