Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Moraime
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fortificación de carácter circular definida por unha muralla circular en seco e de cachotería miúda que rodea o reducido espazo do alto dun petón. Na zona sur deste diminuto recinto aprécianse o que poden ser restos dunha estrutura habitacional interior. A vexetación que cubre o espazo dificulta a comprensión do espazo interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15052051
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

O castelo está posiblemente mencionado na lenda da Furna da Buserana. Esta caverna mariña atópase no cantil por debaixo do monte Cachelmo. A lenda sinala que no castelo do monte Cachelmo vivía unha moza chamada Florinda, filla do propietario do castelo, e namorou dun trobador chamado Buserán, publicada por Gonzalo López Abente e, na miña opinión, unha elaboración culta, da que descoñezo se empregou algún relato popular anterior como base. Nas ligazóns da ficha proporciónase unha ligazón para a lenda completa. Agradecemos calquera contribución que nos permita coñecer se existe algún relato tradicional sobre o Alto das Pedras Miúdas.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Consultar a lenda da Buserana, na versión de Gonzalo López Abente (1925):

A Buserana


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.088857449809
Lonxitude: -9.2354259476055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84