Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Contixe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado no adro da capela de San Miguel de Contixe (http://patrimoniogalego.net/index.php/109842/2021/04/capela-de-san-miguel-de-contixe/) que nace sobre un chanzo de sección cadrada.
A súa base troncopiramidal e arestas rebaixadas soporta un varal de sección octogonal
O capitel moldurado e de sección cadrada da paso a unha cruz de sección ocotogonal sen imaxes.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Este cruceiro tiña para a xente poderes sobrenaturais, pois visitábase por indicación das bruxas para desface-lo meigallo”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/3604312.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.41632555993
Lonxitude: -8.5572796784433
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84