Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Mirón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas que nace sobre unha base cúbica que posúe a seguinte inscrición:
“DONATIVO
DE
MANUEL MALVAR
MARTINEZ
Y
ANTONIO CHAMOIRA
MARTINEZ
1951”.

A continuación vemos a fornela con arco de medio punto e enmarcada entre dúas columnas. No interior aparece unha imaxe pétrea de Santo Antonio Abade, cun caxato na man dereita e un libro na esquerda. Ao seu carón podemos ver a imaxe dun porco. Na base da imaxe existe unha lenda que fai referencia á persoa que realizou a escultura, canteiro veciño da parroquia: “Manuel Pazos V.”
O conxunto remata cunha cruz sobre unha peaña semicircular e dous pináculos nos extremos. Na peaña podemos ver a imaxe dun anxo alado e unha inscrición:
“DEBOTOS A SAN ANTONIO”.

Próximo ao peto podemos ver o cruceiro de Mirón (http://patrimoniogalego.net/index.php/109860/2021/04/cruceiro-de-miron/).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.423918329466
Lonxitude: -8.5453135789635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84