Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Betanzos (comarca) / Curtis
Parroquia: Fisteus (Santa María)
Lugar: Illana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
Cruceiro situado no adro da capela de Santa Xuliana. O cruceiro consta dunha cruz sinxela con inscripción por ambas caras a longo dos brazos:
PVSO MARIA VAZQV(?) POR SV DEVOCION (anverso)
ESTA CRVZ AVE MARIA (Reverso)
A cruz vai sobre un pequeno capitelo moldurado superficialmente, varal oitavado, e baseamento cúbico de arestas redondeadas. Todos eles en granito de gran groso e acabado tosco.
A plataforma está formada por dous elementos cunha orixe, mais que probable, nunha arquitectura anterior a actual capela de manufactura industrial. Consta dunha base ampla cun rectangulo en baixo relevo pola beira do reverso e unha moldura baixo o baseamento.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Plan xeral de ordenación municipal, Concello de Curtis. Fichas Catálogo de Protección Arquitectónica: Ficha CR-2 (DOG 2007-10-10) Dispoñible en liña (consultado o 24/04/2021):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA020.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.120328575896Lonxitude: -8.1051659322727
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84