
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Estrada
Parroquia: Oca (Santo Estevo)
Lugar: Igrexario de Oca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con mesa acaroada e pedestal cúbico achafranado. O varal é octogonal comezando en cadrado. Ten un capitel octogonal decorado con motivos vexetais, con astrágalo e ábaco octogonal e liso. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe Coroada coas mans xuntas sobre o peito sobre tres querubíns e dous anxos sosténdolle a coroa. O cruceiro é todo de pedra cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.750369911784Lonxitude: -8.3803902919555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 15, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/360172503.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
REIMONDEZ PORTELA, Manuel. (1985). Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
ARCAS CALDAS, Olimpio. (2022). CRUCEIROS DA ESTRADA (Ollados polos nenos do colexio M. Villar (1981-2021). Ed: Asociación Cultural Vagalumes.