Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Estrada
Parroquia: Oca (Santo Estevo)
Lugar: Oca de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa románica do século XIII que presenta unha soa nave cunha capela e unha sancritía engadidas posteriormente. Ten unha ábsida semicircular unida a un tramo rectangular do presbiterio con semicolumnas adousadas con capiteis de ornamentación estilizada e canzorriños típicos da época. Destaca unha fermosa cruz cumial no testeiro que sobresae por riba do teito da nave.
Esta igrexa foi modificada en parte no ano 1769, como se pode ollar no exterior no entorno da súa fachada. Con respecto a esta, presenta un corpo flanqueado por dúas columnas nos seus estremos que sobresaen do plano da fachada. A súa porta rectangular e remarcada cunha fornela sobre o ingreso e unha xanela rectangular que dá luz ó interior. Unha esvelta torre cuadrangular de catro ocos en arco de medio punto e rematada por unha lanterna cun pináculo e cruz de forxa, flanqueado por catro pináculos con bóla.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca004.PDF (Páx.7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.750092841363
Lonxitude: -8.3802300289828
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84