Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Vilarchán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena construción relixiosa feita en perpiaño granítico, de planta cadrada e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal vemos unha porta de acceso con arco escarzano. Remata unha cruz pétrea no cume.
Os muros laterais presentan pequenas xanelas.
No interior vemos un pequeno repousadoiro que serve para pousar a imaxe da Virxe no día da festa. Por riba do repousadoiro existe unha peza cerámica cunha imaxe pintada da Virxe.

O carón deste “alatorio” podemos ver o cruceiro do Campo dos Remedios (http://patrimoniogalego.net/index.php/109934/2021/04/cruceiro-do-campo-dos-remedios/)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Na porta metálica de acceso existe un peto para as esmolas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pontecaldelas.org/patrimonio/esp-carballeiravilarchan.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.413647823984
Lonxitude: -8.5582667476944
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84