Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Riobó (San Martiño)
Lugar: Folgoso
Outra denominación do ben: Ermida de San Braulio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Templo dunha soa nave e unha ábsida cadrada cuberta cunha bóveda de canón apeada sobre o arco triunfal e dous arcos faixóns intermedios, o segundo deles apuntado, os cales descansan á súa vez sobre canzorros con sinxelas molduras. A capela maior é máis estreita e máis alta ca nave, con cuberta a tres augas e a nave a dúas. A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha pequena espadana tipicamente barroca, dun único corpo, unido o panel da fachada mediante dúas formas de placa. Esta espadana está formada por un arco de medio punto que descansa sobre dous piares moldurados. O arco remata nunha forma triangular coroada por unha cruz pétrea franqueada por uns pináculos moldurados con bóla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.167249161737Lonxitude: -8.8498051464558
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84