Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Riobó (San Martiño)
Lugar: Folgoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular rematado cunha roda lisa. O varal é octogonal comezando en cadrado. o capitel é cuadrangular que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos en chafrán. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación. No segundo milenio colocáronlle o capitel e a cruz novas. Luís Martín Ruiz no seu traballo de “Cruceiros da provincia da Coruña” (1999), amósanos un cruceiro sen capitel e cunha cruz con remates en forma lanceolada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.167384174026Lonxitude: -8.8496890177864
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84