Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: Novás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas posúe unha lenda co ano da súa feitura nunha das súas caras:
“AÑO 1982”
O varal, que nace en sección cadrada e continúa en octogonal, da paso a un capitel de sección tronco piramidal na que aparecen motivos vexetais e cabezas de anxos con ás.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada na que vemos as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso
Este cruceiro substitúe a outro anterior do ano 1695 que foi derrubado por un coche no ano 1974.
O cruceiro que podemos ver hoxe en día é obra do mestre canteiro José Antúñez Pousa do concello limítrofe de Tomiño.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/3604834.html
BIBLIOGRAFÍA
Martínez Tamuxe, Xoán (1999). “CRUCEIROS, CRUCES E ALMIÑAS DO BAIXO MIÑO. I. CONCELLO DO ROSAL”. Ed: Concello do Rosal.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.940303407957Lonxitude: -8.839199124161
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84