Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ferrol
Parroquia: Ferrol
Lugar: Rúa Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Peto de ánimas situado no interior da concatedral de San Xulián de Ferrol e que procede da antiga igrexa da mesma advocación localizada no Ferrol Vello, e que foi demolida no século XVIII por atoparse moi deteriorada.
O conxunto consta dunha peza pétrea con forma de prisma rectangular.
Na parte superior podemos ver o peto para as esmolas, protexido cunha tampa metálica.
Na parte dianteira do prisma aparece unha representación dunha cruz sobre un repousadoiro e, aos lados da mesma, dúas almiñas entre as lapas do Purgatorio. Por debaixo deste relevo aparece unha lenda co ano da súa feitura:
“AÑO
DE 1760”.

Nos laterais do prima aparece unha mesma representación dunha caveira sobre tibias cruzadas.

As fotografías son de Mariana Parga López, a quen lle agradezo a súa cesión.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Dende o ano 2023 atópase no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela (https://museoperegrinacions.xunta.gal/es)


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2022/11/27/alma-ferrol-importancia-viajar-traves-tiempo/0003_202211F27C6993.htm

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de A Coruña. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.482325228309
Lonxitude: -8.2347831232329
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84