Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Betanzos (comarca) / Curtis
Parroquia: Fisteus (Santa María)
Lugar: Esmorís
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Pequeno castro na pendente dunha loma entre o río Fontá e un pequeno regueiro que corte de norte a sur pola súa beira este. Ten forma de media lúa cun eixo maior orientado tamén de norte a sur. Está delimitado por un parapeto de terra. No momento da visita o interior estaba limpo pero non se miraba ningunha estrutura nin floracións de pedra onde puidera haber algunha pía ou gravura. Nos arredores vense pedras de sisto e seixo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15032113
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Un veciño do lugar, con un bo feixe de anos as súas costas, refírese a este sitio como “Os Castros” e, que xunto con do castro de Balter, que son do tempo da mourería.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Plan xeral de ordenación municipal, Concello de Curtis. Fichas Catálogo de Protección Arqueolóxica: Ficha 97 (DOG 2007-10-10) Dispoñible en liña (consultado o 21/04/2021):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA014.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.092029525353Lonxitude: -8.1116978252268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84