Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Monte Cubreiro
Outra denominación do ben: Peneda da Moura
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
O penedo onde se atopan os gravados, ten unha lonxitude de 5m, un ancho de 3m, ten un lixeiro alombamento que sobresáe sobre do terreo, con lixeira pendente, uns 60cm.
Toda a superficie vista da pedra, forma un gran mural cheo de motivos de distinta tipoloxía e feitura. Distínguense unhas 100 coviñas de distintos tamaños, moitas de elas unidas con sucos. O seu tamaño varía dende os 2cm de diámetro ata os 10cm, varios cruciformes, algún inscrito nun círculo. Podemos distinguir varias composicións circulares, con coviña central, algunha estrutura reticulada e mesmo o que podería ser a pegada de un animal, varias figuras humanas moi esquemáticas e posiblemente algunha arma.
Sobre todas estas destaca unha gran figura alongada de 150cm de longo por 35cm de ancho, feita con un suco de uns 5cm de ancho e uns 4cm de fondo. De este perfil exterior saen varios apendices feitos con sucos. No seu interior aparecen varios sucos e coviñas.
A gran espectacularidade de estes gravados, non se chegan a observar en toda a súa grandeza, cando nos achegamos ata a súa localización, dependendo da luminosidade do día ou da posición do sol. Como mellor se chega a ver e nunha fotogrametría feita cas moitas fotos que xa lle tiramos. Grazas ó traballo neste senso de Alex Negreira, decatámonos da importancia de este achado.
Esta laxe atópase no monte Cubreiro, a non moita distancia dos límites das parroquias de Almoite (Santa María) e Betán (San Martiño). Probablemente se trate da que o Catastro de Ensenada de 1752 sinala como Penedo das Mouras (no marqueo da parroquia de Almoite Santa María) e Peñasco da Moura (no marqueo da parróquia de Betán San Martiño). Polo que deducimos que se trata do mesmo punto común ás dúas parroquias naquela época, nas actuais está un pouco desprazado.
No ano 1837, o avogado, xornalista e historiador José Verea y Aguiar (autor dunha Historia de Galicia), o catedrático de Teoloxía do Seminario de Ourense Juan Bedoya (que deu nome á rúa Bedoya) e o deputado a Cortes por Ourense José de la Fuente Herrero, inspeccionaron unha pedra con gravados que aparecera no concello de Baños de Molgas. Ese mesmo ano, Juan Bedoya enviou á Real Academia de Historia de Madrid un debuxo da pedra e unha breve descrición, sinalando que se atopaba no monte Carrás, na parroquia de Almoite.
Dende aquelas non se volveu ter noticia da pedra, polo que hai uns anos nos propuxémonos atopala tomando como referencia o debuxo coas anotacións de Juan Bedoya. Despois de percorrer o monte Carrás, o resultado foi infrutuoso, mesmo nos comentaran que podía tratarse dunha pena que desaparecera ao acondicionar unha pista, polo que abandonamos a busca, dándoa por perdida.
Pero todo cambiou cando unha moza despois de ver o debuxo de Juan Bedoya no blog onosopatrimonio.blogspot.com de Xabier Moure, púxose en contacto con el para comentarlle que o seu avó recoñeceuna, asegurándolle á neta que non se atopaba no monte Carrás, senón no monte Cubreiro que pertence á parroquia de Betán.
Reanudamos a busca, obxectivo que deu os seus froitos localizouse a pedra cos petroglifos no monte Cubreiro, xusto no límite co monte Carrás, e só a 90 metros do actual límite coa parroquia de Almoite.
Información: Xabier Moure
Fotogrametría: Alex Negreira
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.laregion.es/articulo/allariz/atopado-banos-molgas-petroglifo-retratado-bedoya-1837/202105052054591027025.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/laxe-de-carras-un-petroglifo-descuberto.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.258161Lonxitude: -7.696403
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
8 comentarios
Gavilanes67 says:
Mai 19, 2021
O debuxo que Bedoya enviou á Real Academia de Historia de Madrid.
Información de Xabier Moure
Gavilanes67 says:
Mai 19, 2021
Imaxe da fotogrametría de Alex Negreira
Gavilanes67 says:
Mai 19, 2021
Imaxe III da fotogrametría de Alex Negreira
Gavilanes67 says:
Mai 19, 2021
Fotogrametría
Gavilanes67 says:
Mai 19, 2021
Fotogrametría –
Gavilanes67 says:
Mai 19, 2021
Fotogrametría —
Gavilanes67 says:
Mai 19, 2021
Imaxe II da fotogrametría de Alex Negreira
Gavilanes67 says:
Mai 23, 2021
http://historiadegalicia.gal/2021/05/atopan-un-dos-conxuntos-rupestres-mais-interesantes-de-ourense-perdido-desde-1837/?fbclid=IwAR3zfRrMHdvIQxQ9xiQflw1r8z-54tbqPfTNEH-6HhhsY_Y2TAANK3tpGRo