Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...), Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Aranga / Betanzos (comarca)
Parroquia: Fervenzas (San Vicente)
Lugar: O Sixto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Senlleiro valado publicitario cun logotipo comercial no que se representa a silueta dun touro de lidia. Está situado a carón da Nacional VI, antaño principal via de comunicación entre A Coruña e o resto da península, no límite entre o concello de Coirós e o de Aranga. So é visible cando se ven en dirección dende Betanzos, e con dificultade debido aos eucaliptos que medran a caron.
Esta figura ten un peso de 4.000 quilos, unha altura de 14 metros, unha superficie de 150 m² e está pintada de negro con non menos de 50 quilos de pintura. A silueta está feita con paneis rectangulares suxeitos entre si, e a un bastidor metálico, por parafusos de dobre torca. Vai soportada por catro torres metálicas dispostas no reverso a altura das patas do animal. Ditas torres están cimentadas con 6 m³ de formigón.
Orixinalmente, comezáronse a colocar a partir de 1956 a carón das estradas da península, en lugares de gran visibilidade como promoción dunha marca de viño destilado. Actualmente consérvanse 91 touros por toda a xeografía española, cinco deles en Galicia.
En decembro de 1997, a causa dun lei que ordenaba eliminar toda publicades a carón das estradas, o Tribunal Supremo dita unha sentenza pola cal a declara de interese cultural e pola cal se xustifica a súa conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● “Historia publicitaria de Osborne: Más que un toro”. Publicista de la publicidad, la comunicación y el marketing, ISSN 1886-5445, Nº. 71, 2002 (pp. 38-45)
● Bensuan Martín, María del Pilar: “Regulación jurídico-administrativa del toro de Osborne. Especial atención a aspectos culturales, urbanísticos y medioambientales”. Revista de derecho urbanístico y medio ambiente, ISSN 1139-4978, Año nº 46, Nº 273, 2012 (PP. 91-152)
● Dolores Vázquez “El Osborne coruñés cojea” La Voz de Galicia, 06/04/2009. Dispoñible en liña en (comprobado o 23/05/2021):
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2009/04/04/osborne-corunes-cojea/0003_7634558.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Actualmente atopas en bo estado e sen deterioros pero alonxado da carretera e moi dificil de ver, inda que se sepa onde está e se busque a proposito, polo que perde a súa función de reclamo.
Onde está localizado
Latitude: 43.2196612424Lonxitude: -8.0801975727082
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84