Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: Verdes (San Adrián)
Lugar: Igrexario de Verdes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con chafrán cunha mesa acaroada. O varal é cuadrangular con chafráns comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moi moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos achafranados. No seu anverso encóntrase a imaxe dunha coroa de espiñas e tres cravos cunha cartela na parte superior coas siglas INRI. No reverso da cruz presenta un corazón con sete espadas. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña). Volume I. Deputación Provinciala da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/27925ca004.PDF (Páx. 55).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.22385201512
Lonxitude: -8.787315893556
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84