Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: Verdes (San Adrián)
Lugar: Verdes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Trátase dun templo de planta en cruz latina, cunha soa nave dividida en tres tramos e ábsida cadrada. Posúe un volume rectangular anexo á cabeceira no muro norte que se corresponde coa sancristía. A estrutura resólvese mediante muros de carga de pedra enfuscados e cantería en esquinais e ocos. A nave cóbrese a dúas augas con tella curva do país cunha cruz ornamental no testeiro. Interiormente a nave posúe bóveda de canón dividida por dous arcos faixóns. Conserva o chan de pedra.
A decoración redúcese á fachada principal e á torre campanario. O esquema da fachada principal segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, un pequeno soportal de dúas columnas coa porta de entrada rectangular, sobre o que se eleva a torre campanario de grandes dimensións, rompendo a liña de cornixa. Posúe planta cuadrangular dividida en dous corpos. O inferior componse do corpo de campás formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto e varandas de pedra, todo sobre cornixa. O tramo final constitúese por unha cúpula sobre un tambor de sección octogonal con oito ocos en arco de medio punto e rematada por un pináculo cunha cruz de ferro.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/27925ca004.PDF (Páx. 58).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.224074451345Lonxitude: -8.7872072726114
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84