Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: O Bolo / Valdeorras (comarca)
Parroquia: O Bolo
Lugar: O Bolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O castelo do Bolo comezou a construírse no século XII, en tempos da raíña Dona Urraca. Pertenceu ós Condes de Lemos. Coas revoltas irmandiñas, o castelo queda semiderruído e ten que ser volto a construír polo conde de Benavente D. Juan de Pimentel, dono das terras do Bolo, a finais do século XVI. Cos anos foise deixando nun completo abandono do que sacaron proveito os veciños como canteira. Tamén foi escola, cárcere e campo de festas.
No 1999 comeza a súa restauración ata ser convertido nun museo sobre a súa historia.

Do castelo quédanos a torre de homenaxe, de planta cadrada e dezaoito metros de altura, e varios restos da muralla exterior e interior, con bastións e baluartes semicirculares nos muros e circulares nas esquinas. Tamén se conserva o patio de armas e o alxibe, ademais dun edificio anexo posterior, da reconstrución do XVI.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30795086430986
Lonxitude: -7.095065116882324
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84