Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Mira (Santa María)
Lugar: San Roque do Monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de planta de salón con nave única e ábsida máis ancha ca nave. Ten muros portantes de cachotería enfuscada e cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Como xa dixemos, o presbiterio é máis ancho ca nave e na cabeceira ten adousada a sancristía, máis alta ca nave. No exterior, no muro sur do presbiterio, ten adousado un pórtico aberto.
A fachada, moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada, cunha cruz de Malta inscrita no lintel. Rompendo o vértice do pentágono, unha pequena base para unha espadana dun corpo composto por un oco en arco de medio punto sostido por dous machóns, rematando o conxunto un frontón triangular coroado por un acroterio e unha cruz de pedra flanqueado por dous pináculos con bóla.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA003.pdf (Páx. 5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.099717436949
Lonxitude: -8.8861413601055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84