
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Labrada (Santa María)
Lugar: Adro da igrexa de Santa María de Labrada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado cunha roda. Ten un varal octogonal que comenza en cadrado. O capitel é cilíndrico con decoración de volutas e cabezas de anxos con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé esquerdo sobre o dereito. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno no brazo esquerdo e tocando os pés deste coa man dereita, sobre un pedestal dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GUITIRIZ/documents/28290ca012.PDF (Páx. 20).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.29864616833Lonxitude: -7.8817460428096
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 28, 2021
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/270220303.html
E a seguinte bibliografía:
Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. (1999). “CRUCEIROS DE GUITIRIZ”. Edicios do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos (81)
Pérez, Jenaro e Seijas, Yasmina. (2006). “TRAS LAS HUELLAS DE LA CULTURA Y DEL MEDIO NATURAL DE GUITIRIZ”.
Gay Méndez, Aurora. (1995). “O CONCELLO DE GUTIRIZ”. Diputación Provincial de Lugo.