Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Labrada (Santa María)
Lugar: Adro da igrexa de Santa María de Labrada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado cunha roda. Ten un varal octogonal que comenza en cadrado. O capitel é cilíndrico con decoración de volutas e cabezas de anxos con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé esquerdo sobre o dereito. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno no brazo esquerdo e tocando os pés deste coa man dereita, sobre un pedestal dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GUITIRIZ/documents/28290ca012.PDF (Páx. 20).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.29864616833
Lonxitude: -7.8817460428096
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84