Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Padrón
Parroquia: Herbón (Santa María)
Lugar: Herbón
Outra denominación do ben: Capela da Piedade // Peto de ánimas da Virxe das Angustias
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado situado no alto do muro de peche do convento dos Pais Franciscanos.
O conxunto consta dunha gran fornela con arco de medio punto e protexida por medio dun cristal. Coróase cun tellado case plano e dous pináculos de bola nos extremos.
No interior da fornela podemos ver unha imaxe da Virxe co seu fillo no colo.

O peto posúe varias inscricións:
* “LIMOSNA PARA Ntra. Sra. DE LAS ANGUSTIAS”.
* “AVEMARIA”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed: IR INDO.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.733507299438
Lonxitude: -8.6320648733363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84